PRESENTACIÓN




O CEIP Escultor Acuña creouse no ano 1985 no barrio de Coia, en Vigo.

O colexio, no momento da súa creación, denominouse Colexio Rúa Estrada e concebiuse inicialmente como un centro público coa idea de ser centro de referencia para a educación de rapaces e rapazas con discapacidade auditiva e, polo tanto, fundamentando a súa existencia nos principios da integración e da inclusión. Esta proposta, que se argumenta dende o comezo da súa andaina, segue a ser unha das súas sinais de identidade; foi e segue sendo, unha característica definitoria deste colexio.

Actualmente o centro conta cunha casuística moi variada que vai dende rapaces e rapazas con próteses auditivas a outros e outras con implantes cocleares unilaterais ou bilaterais; esta realidade reflicte tamén necesidades comunicativas diferentes e modelos comunicativos variados, que van dende alumnado cun modelo comunicativo totalmente oral a rapaces e rapazas signantes, pasando por nenos e nenas bilingües (lingua de signos española –LSE- máis  linguas orais).

Para intentar dar resposta ás necesidades de cada alumno ou alumna con discapacidade auditiva tradicionalmente se traballaba dun xeito individual co propio alumnado; pero dende fai un tempo vimos traballando con toda a comunidade educativa, facendo referencia a diferentes aspectos relacionados coa realidade da xordeira; e observamos que todos estes esforzos reflicten positivamente no desenvolvemento persoal e social do noso alumnado xordo, aspecto imprescindible para desenvolverse como persoas na vida adulta, e que moitas veces queda reducido soamente os conceptos curriculares.

Despois de anos de traballo sensibilizando á comunidade educativa, fomentando a lingua de signos española en diferentes ámbitos educativos e favorecendo o desenvolvemento comunicativo do noso alumnado xordo; e tendo en conta as súas necesidades educativas especiais, xorde a idea, por parte das familias e apoiada polo equipo directivo e profesorado, de organizar clases de LSE para o noso alumnado xordo e ouvinte.

Motivados por esta idea preséntase ante a Consellería de Educación, a finais do curso 2011/12, a proposta dun “ Proxecto plurilingüe para Educación Infantil e Primaria” onde se inclúe a LSE como materia escolar dentro do horario lectivo. A Consellería de Educación aproba o proxecto para empezar a executalo no curso escolar 2012/2013.

No curso 2013/2014 xa podemos impartir unha hora semanal de LSE para todo o centro, desde 4ºEI ata 6ºEP. 

__________________________________________________________________


El CEIP Escultor Acuña se creó en el año 1985 en el barrio de Coia, en Vigo.

El colegio, en el momento de su creación, se llamó Colegio Rúa Estrada y se concibió inicialmente como un centro público con idea de ser centro de referencia para la educación de niños y niñas con discapacidad auditiva y, por lo tanto, fundamentando su existencia en los principios de integración e inclusión. Esta propuesta, que se argumenta desde el principio, sigue siendo una de las  señales de identidad; fue y sigue siendo, una característica definitoria de este colegio.

Actualmente el centro cuenta con una casuística muy variada que va desde niños y niñas con prótesis auditivas a otros y otras con implantes cocleares unilaterales o bilaterales; esta realidad refleja también necesidades comunicativas diferentes y modelos comunicativos variados, que van desde alumnado con un modelo comunicativo totalmente oral a alumnado signante, pasando por niños y niñas bilingües (lengua de signos española –LSE- más  lenguas orales).

Para intentar dar respuesta a las necesidades de cada alumno o alumna con discapacidad auditiva tradicionalmente se trabajaba de una manera individual con el propio alumnado; pero desde hace un tiempo venimos trabajando con toda la comunidad educativa, haciendo referencia a diferentes aspectos relacionados con la realidad de la sordera; y observamos que todos estos esfuerzos se reflejan positivamente en el desarrollo personal e social de nuestro alumnado sordo, aspecto imprescindible para desenvolverse como personas en la vida adulta, y que muchas veces queda reducido solamente a los conceptos curriculares.

Después de años de trabajo sensibilizando a la comunidad educativa, fomentando la lengua de signos española en diferentes ámbitos educativos y favoreciendo el desarrollo comunicativo de nuestro alumnado sordo; y teniendo en cuenta sus necesidades educativas especiales, surge la idea, por parte de las familias y apoyada por el equipo directivo y profesorado, de organizar clases de LSE para nuestro alumnado sordo y oyente.

Motivados por esta idea se presenta ante la Consellería de Educación, a finales del curso 2011/12, la propuesta de un “ Proxecto plurilingüe para Educación Infantil e Primaria” donde se incluye la LSE como materia escolar dentro del horario lectivo. La Consellería de Educación aprueba el proyecto para empezar a ejecutarlo en el curso escolar 2012/2013.

No curso 2013/2014 xa podemos impartir unha hora semanal de LSE para todo o centro, desde 4ºEI ata 6ºEP. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario