9/4/14

BIBLIOTECAS VIVENTES

O equipo de Dinamización Lingüística organizou unha sesión de BIBLIOTECAS VIVENTES para o 2º ciclo de primaria. 

O martes 8 de abril, visitáronnos ao centro catro persoas que se transformaron en "libros" durante unha mañá. Estiveron o actor Mighello Blanco, o deseñador Martiño Villaverde, o fútbolista Javier Maté e o profesor de lingua de signos Juan Ramón Valiño

Os rapaces organizaron en clase os grupos, elexiron a quen querían visitar e prepararon unha serie de preguntas. Despois foron a visitalos e cada grupo consultou o "libro" elexido deixándose levar polas súas historias.

Juan Ramón Valiño-Profesor de lingua de signos
Mighello Blanco-Actor

Javier Maté- Xogador de fútbol

Martiño Villaverde- Deseñador Gráfico

No hay comentarios:

Publicar un comentario